Nome científico
Thuja occidentalis
Nome común
Tuia
Familia
Cupressaceae
Distribución Xeográfica
O xénero ten cnco especies, dúas nativas de América do Norte e tres do leste asiático. En Galicia non existen especies bravas, porén son moi común na xardinaxe urbana e privada para choer os eidos a xeito de sebes mestas.
Outros datos
Árbore
Son árbores perennifolias sempre verdes que medran de 3m até os 18m de alto, cunha casca apardazada avermellada de textura fibrosa. As pólas son planas, coas poliñas laterais nun só plano. As follas da Thuja son perennes e escamentas, agás ao abrochar, cando teñen forma de agulla de coser. As follas son escamudas, de 1–10 mm de longo, excepto nas novas plántulas no seu primeiro ano, que teñen follas tipo frouma (aciculares). As follas escamudas fican en pares decusados alternadas en catro ringleiras ao longo das poliñas.
Madeira
A madeira da tuia es liviá, macía e aromática.
