Sobre nós


viveiros-anos-icono
Iniciada a actividade no ano 2000, soubemos adaptarnos ás esixencias dun mercado cambiante e rápido como é o da comercialización de especies arbóreas, cumprindo sempre coas espectativas do cliente e amosando un claro compromiso e seriedade no noso traballo. Actualmente a nosa produción está centrada na especie do eucalipto nitens, traballando e comercializando dúas variantes: común (Central Victoria) e unha segunda con mellora xenética. A nosa produción tamén abarca diferentes especies de eucalipto e pino, asi como tuia e leylandiis, todos eles de grande calidade.